Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

A semana do clima

Durante este mes traballamos a semana polo clima, participando nas distintas premisas. O día 23 gardamos un minuto de silencio polo clima, na entrada do centro.  O día 24 creamos as nosas propias camisetas verdes, en forma de pin, que puxemos durante esa semana. O día 25 vimos no salón de actos o documental " Antes que sexa tarde", no salón de actos. O día 26 cada aula fixo as súas cartaces polo clima que estrán expostas no taboleiro da entrada do centro para toda a Comunidade Educativa. O día 27 tódolos membros da Comunidade Educativa nos manifestamos cos nosos cartaces no patio do centro. Dende Dinamización da Lingua Galega queremos que tódalas familias nos sensibilicemos ante esta problemática do cambio climático e practiquemos de forma axeitada as " TRES Rs, REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR".

Benvidos o curso 2019-2020

Comezamos o curso 2019-2020. Dende o CEE Santa María e, en especial, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, desexamos que este curso sexa moi especial. Por iso, dende este Equipo informarémosvos de tódalas actividades que levaremos acabo e nas que participaremos.  Comecemos dinamizando a nosa lingua, A LINGUA GALEGA.