Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Arturo e Clementina.

 Os alumnos da aula 4 coa súa mestra Isabel, recrearon a portada do noso contó Arturo e Clementina. Xa Temos as nosas tartarugas reais. Qué bonitas son.

Non te amola. Xela Arias

Durante o mes de maio, adicado a Xela Arias e ás Letras Galegas, todo o alumnado e mestres do cole participamos na creación dun libro dos contos do libro Non te amola da poetisa á que se lle adican estas letras. Todavía estamos traballamos sobre él, pero está a quedar espectacular. Coordinado pola mestra Mako da aula 8, estamos a facer unha gran edición. Deixámosvos un adianto das imaxes plásticas do libro titulado " Meu avó  Pedro baixaba na bicicleta".  

Marcapáxinas de Xela Arias.

O centro educativo xunto co EDLG realizou un marcapáxinas para que tódolos membros da Comunidade Educativa pudiesen disfrutar máis da lectura e recordar,no tempo, a autora á que se lle adican as Letras Galegas.

Contacontos nas Letras Galegas.

Entre as actividades das Letras Galegas, organizadas co Equipo de Biblioteca, contamos cun contacontos: Compañía Trinke Trinke. Contounos unha serie de contos en galego entre os que figuraban Paco Papán, Contos de ratos e a Sopa de ratos. Tamén nos ofreceu algunha canción do poeta Manuel María. Disfrutamos un montón.

Xela Arias por José.

 Este curso José de Peiteado foi o encargado de presentar o cartel de Xela Arias na entrada do centro. A actividade consistía en que cada aula colocase unha obra traducida ou de producción propia da autora no panel cronolóxico. Así quedou.

Nós falamos galego.

 Neste curso o Equipo de Dinamización, fixo un estudo do uso do galego na Comunidade Educativa co fin de fomentar o seu uso e paliar ou repostar aqueles campos no que é necesario promocionar a nosa Lingua. Para iso,  cun traballo coordinado pola mestra Iris, pasamos unha enquisa adaptada ás familias e aos docentes e persoal do centro, tanto no cole coma no internado. Aquí vos deixamos as enquisas que fixemos e o resultado do estudo. Traballaremos sobre él nas aulas para concienciar ao alumnado da importancia da nosa lingua. Igualmente, dende aquí, solicitamos ás familias fomentar o uso da Lingua Galega. E coma mañá celebramos no centro as Letras Galegas, será un gran momento para mostrar a Comunidade os nosos estudos da Lingua.

Máis traballos sobre Xela Arias..

Os alumnos de Programas Formativos a traballar sobre a homenaxeada nas Letras Galegas.

Arturo e Clementina.

 Dende Plan Proxecta de Dinamización da Lingua Galega neste trimestre traballamos co conto " Arturo e Clementina". Os rapaces fixeron un gran traballo, coa colaboración dos mestres do proxecto. Ata final de curso faremos máis tarefas en relación as nosas tartarugas. 

O paso do tempo.

 Seguimos co Plan Proxecta de Innovación Educativa en Dinamización da Lingua Galega; na aula 9, coa mestra Iris, fixeron un timelapse fotografiando a mesma hora do día durante varios días o cambio do tempo. Espectacular...

Os Bolechas e Xela Arias.

Estamos a disfrutar con lecturas de Xela Arias. Aula 4 disfrutando das lecturas.

Xela Arias e Seminario Galán.

 Comezamos a traballar nas aulas actividades organizadas polo Seminario Galán. Grazas a esas propostas de tarefas coñecemos un poco máis a autora á que se lle adican as Letras Galegas. Aula 4 Aula 7 Aula 15 Aula 14