Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

A música do Samaín

 Durante estos días escoitamos e cantamos dúas cancións relacionadas coa temática do Samaín. Pódedes seguir a escoitar nestes días na casa se queredes. Samaín de Mamá Cabra Os esqueletes

O Samaín

 Chegou a semana do Samaín. Aínda que a celebración é o 31 de outubro, durante toda a semana estará presente no centro. O Samaín é unha festividade celta coa que esta cultura celebraba a transición do verán o inverno. Nesa celebración celta ten a súa orixe a " Festa das cabazas" ou Samaín, unha tradición recuperada no municipio de Cedeira ( A Coruña), fai tres décadas e que agora é unha data clave no calendario de Galicia, onde cada vez celebramos máis desfiles de cabazas a noite do 31 de outubro. No centro non deixaremos esas tradicións, que levamos cursos facendo. É para comezar deixámosvos un conto de medo, para ir abrindo boca. Esperamos que vos guste.

O outono

 No centro estamos a traballar as estacións. Neste época do ano a caida das follas, as castañas, a recollida de setas son temáticas a traballar co noso alumnado.  Estamos en outono, e os nosos alumnos están a facer grandes traballos . A aula 6 sae a recoller setas Mural feito pola aula 8

Postres típicos galegos.

 Hoxe degustamos no centro unhas rosquillas riquísimas feitas polo alumnado e a mestra da aula 6. Moitas grazas por esta degustación.

Festa do San Froilán.

 Este ano non puidemos asistir as festas do San Froilán, pero si as celebramos no centro, coma non con polbo e cachelos. Graciñas a Esmeralda e o seu grupo por esta gran obra.

Benvidos ao curso 2020-2021

 Bos días. Queremos comezar o noso blog presentando ao novo equipo de Dinamización da Lingua Galega. Sabemos que vai a ser un ano diferente, pero todas nós,estamos aquí, para fomentar o uso da lingua galega na noso centro, así como o gusto e disfrute das nosas tradicións e culturas. Calquera proposta ou consulta que queirades facer a noso equipo, estamos a vosa disposición. Mestras: Ángela Paradela Méndez. María José Diaz Balboa. Esmeralda López Valcárcel. Cristina Rodríguez Pardo. Iris Vázquez Carballal. Isabel Vilanova Díaz. Verónica Villar Vázquez. Un saúdo.