Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

O Entroido

 Este ano no cole celebramos o Entroido a xeito de cine. Por un día o cole converteuse nun gran plató cheo de maxia e de premios. Celebrando o noso propio Mestre Mateo. Entre as pelis destacadas atopamos unha da nosa Terra : "O que arde" que levou o premio a mellor peli en Lingua materna. Pero non só está peli espertou a ledicia no cole, tamén estivemos con Harry Potter, Choiva de albóndigas, Os pinguinos de Madagascar, Piratas do Caribe, Mago de Oz, Vaina, Del revés, Ratatouille, Up e Frozen.  Pasamos un día de festa, bailando, facendo pasarrúas e  recollendo os premios a tódolos galardonados.  Nós coma sempre estamos orgullosos de que o galego participe en tódolos proxectos do centro e este presente no mundo do cine e sobre todo do noso cine.

Construindo a paz.

 Este ano ademáis de compartir bailes con outros centros, colaboramos todos xuntos en construir a Paz para toda a comunidade educativa. Tódolos alumnos en colaboración con mestres traballaron moito neste proxecto. Esperamos que vos guste.

Verbas de Paz.

 Durante estes días que estamos a traballar pola Paz, cada aula fixo sua, unha verba pola Paz. Así quedaron as nosas entradas ás aulas.