Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

NOVEMBRO

Neste mes, atopamos o día da infancia, a semana do camiño de Santiago e o día da NON VIOLENCIA DE XÉNERO. Este día dende o Equipo de Dinamización, prpondremos algunhas actividades.

Os contos.

Estes son os contos que lemos co noso alumnado para seleccionar cal imos a traballar no noso plan proxecta. O luns que ven faremos as nosas votacións, de entre os tres que màis nos gusten. Que nervios...

PLAN PROXECTA:NÓS TAMÉN CREAMOS

Comezamos cun novo proxecto no centro. Imos a participar nos Plan Proxecta, en Nós tamén creamos. Consiste na elaboración dunha curtametraxe por parte do alumando do centro coa colaboración dalgúns mestres do centro. Así, comezamos a nosa andaína, seleccionando de entre os libros, que a editorial Oqo nos trouxo, o conto do que vai a tratar a nosa curtametraxe. Os mestres estamos a decidir como imos a facer esa selección... Seguiremos contando.

O Magosto

O día 8 de novembro celebramos o Magosto. Comezamos no salón de actos cun pequeno acto das froitas de Galicia e das castañas. Unha vez rematado, comimos as castañas e, por último, no pabillón. fixemos xogos relacionados coas castañas: Atinacastañas, castasal, castagol, castarelevos, castabolos, comecastañas, castaaros, onde está a castaña?,e un photocall castañero...

Día das Bibliotecas Escolares

Participamos na actividade organizada polo Equipo da Biblioteca Escolar do centro, elaborando un libro xigante das nosas preferencías e gustos literarios. Fomentamos o uso de libros e literatura en galego. Deixamos aquí, unha pequena mostra do resultado.