Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Quen puidera namorala

Hoxe toca un poema de Álvaro Cunqueiro, adaptado por Alba Pérez, que este curso, participou nunha formación en adaptación de materiais no noso centro. A adaptación é con pictogramas de ARASAAC e a música de Batallán. O blog de Alba Pérez é Creando en especial. Moi recomendable a súa visita. Un saúdo.

Contos en galego para o día do libro.

Hoxe é o día do libro, 23 de abril. A nosa biblioteca, fixo un traballo espectacular para celebralo. Podedes entrar no seu blog para ver o video que fixeron para conmemorar este día. Igualmente deixámosvos aquí algúns enlaces de contos en galego para que podades disfrutar deste día. Un día menos para que voltemos as aulas. A CASA DA MOSCA CHOSCA A PRINCESA DO CAUREL O MAGO ROSA CORRE CORRE CABACIÑA A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA A MELLOR SOPA DO MUNDO

Preguntoiro musical Ricardo Carvalho Calero

Tedes aquí un preguntoiro sobre o escritor ao que se lle adican as Letras Galegas.

Poemas de Ricardo Carvalho con música.

Un enlace de poemas musicados do homenaxeado nas Letras Galegas.

RICARDO CARVALHO CALERO.

Como sabedes este ano as Letras Galegas están adicadas a Ricardo Carvalho. Xa podemos comezar a traballar sobre este autor a través do Seminario Galán. Na páxina do Seminario poderedes atopar actividades interactivas sobre Ricardo Carvalho Calero, actividades en PDF, cartel, exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, fotos, video... DEIXÁMOSVOS O ENLACE: http://www.seminariogalan.org/