Ir al contenido principal

Traballando o Samaín

 Os alumnos de xardinería reconstruiron tradicións de antaño, adicadas a celebridades que xa non se atopan entre nós, pero que perduran nas nosas vidas e na nosa cultura. Entre esas figuras atopamos a Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública.Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.

Os alumnos foron achegando as cabazas feitas nas aulas ao noso altar.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Revista Miuzallas 2021. O río

  Revista escolar elaborada cos traballos do alumnado dos centros educativos participantes na elaboración do Calendario Estiño e baixo a coordinación do Colectivo Pedagóxico Estiño.  O noso centro participou. Deixámosvos o enlace. Revista Miuzallas 2021.O río

Todos xuntos contra a violencia de xénero

 Tamén colgamos unha pancarta común na entrada do centro, na que participou todo o alumnado e persoal do centro educativo. As nosas máns son seña de repulsa a violencia de xénero.