Ir al contenido principal

O Entroido

 Este ano no cole celebramos o Entroido a xeito de cine. Por un día o cole converteuse nun gran plató cheo de maxia e de premios. Celebrando o noso propio Mestre Mateo. Entre as pelis destacadas atopamos unha da nosa Terra : "O que arde" que levou o premio a mellor peli en Lingua materna. Pero non só está peli espertou a ledicia no cole, tamén estivemos con Harry Potter, Choiva de albóndigas, Os pinguinos de Madagascar, Piratas do Caribe, Mago de Oz, Vaina, Del revés, Ratatouille, Up e Frozen. 

Pasamos un día de festa, bailando, facendo pasarrúas e  recollendo os premios a tódolos galardonados. 

Nós coma sempre estamos orgullosos de que o galego participe en tódolos proxectos do centro e este presente no mundo do cine e sobre todo do noso cine.








Comentarios

Entradas populares de este blog

Revista Miuzallas 2021. O río

  Revista escolar elaborada cos traballos do alumnado dos centros educativos participantes na elaboración do Calendario Estiño e baixo a coordinación do Colectivo Pedagóxico Estiño.  O noso centro participou. Deixámosvos o enlace. Revista Miuzallas 2021.O río

Marcapáxinas de Xela Arias.

O centro educativo xunto co EDLG realizou un marcapáxinas para que tódolos membros da Comunidade Educativa pudiesen disfrutar máis da lectura e recordar,no tempo, a autora á que se lle adican as Letras Galegas.

Rosalía de Castro paseando polo Antroido galego.

 Durante este trimestre levamos a cabo un proxecto relacionando dúas festividades moi conmemorativas para o noso equipo. O Entroido e Rosalía de Castro. Dende o Equipo do Plan Proxecta de Innovación Educativa dende a dinamización lingüística en galego, realizamos un stop motion adicado a nosa Lingua. Esperamos que vos guste. Coma sempre agradecer a todo o alumnado e profesorado do centro a súa colaboración.