Dende Plan Proxecta de Dinamización da Lingua Galega neste trimestre traballamos co conto " Arturo e Clementina". Os rapaces fixeron un gran traballo, coa colaboración dos mestres do proxecto. Ata final de curso faremos máis tarefas en relación as nosas tartarugas.
Os alumnos de xardinería reconstruiron tradicións de antaño, adicadas a celebridades que xa non se atopan entre nós, pero que perduran nas nosas vidas e na nosa cultura. Entre esas figuras atopamos a Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa , nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921 , foi unha escritora en lingua castelá , intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública.I nfluída polo naturalismo , movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos , concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán. Os alumnos foron achegando as cabazas feitas nas...
Comentarios
Publicar un comentario